miércoles, 21 de mayo de 2008

A miña infancía

Son María de Melania e nacín en Camariñas .
Os 6 anos fun á escola e no recreo acórdome que daban leite en pó : Ían dúas rapasas e collían auga do pozo e facían o leite e dábannos un vaso del . Despois da escola ía a escola a palillar e alí daban a merenda(un bolo e ás veces chocolate , queixo ..) e o encaixe que facía viñan as monxas e levábano . Máis tarde viñeron as da falanje a ensinarnos a bailar : Ás nenas pequenas un baile e ás grandes a muiñeira e a jota , e traían traxes tipicos para bailar e unha vez actuamos na plazoleta do concello .
Aos 10 anos miña nai deixara a comida na pota e pasou unha señora que ía tocar a campá ás doce do día i eu ao sentir a campá encendía o lume , porque daquela non existía o reloxo . Á unha da tarde leváballe a comida a meu pai ao muelle que traballaba na maquinilla do barco onde descargaban sal e cargaban pinos .

No hay comentarios: